"9 de cada 10... sindicalistas asesinados no Mundo son colombianos", o documental dirixido por Iñaki Alforja, é presentado así: "Colombia, a esquina norte de América do Sur é -formalmente- unha democracia. O seu estado de dereito basease na independencia formal dos poderes públicos. No recoñecemento dun completo listadeo de dereitos individuais e colectivos na súa Constitución Política, complementada por leis e decretos que ratifican convenios e pactos internacionais polos dereitos humanos. Pero hai dúas colombias á vez: a de papel e areal.
Cun conflito social e militar de medio século de evolución, Colombia é hoxe o país que bate records de infamia polas violacións masivas e sistemáticas dos dereitos humanos a pesar de que o seu goberno é o segundo receptor mundial de axuda militar dos Estados Unidos e de destinar enormes cantidades de diñeiro público para fortalecer o aparato militar e de seguridade, ou tal vez por iso Colombia é:
- O país do mundo máis perigoso para a actividade sindical, con preto de 2.700 sindicalistas asasinados nos últimos 22 anos, máis de medio millar durante o actual goberno de Álvaro Uribe, o 98 % na impunidade.
- É o país do mundo con máis refuxiados internos. Máis de 4 millóns de persoas, a maioría campesiños, indíxenas e afrocolombianos, despoxados con violencia das súas pequenas propiedades.
- Un dos países do mundo con máis casos denunciados de ameazas de morte, desaparicións forzadas, torturas e detencións ilegais.
- Un dos países do mundo con máis execucións extraxudiciais, a pesar de ser abolicionista da pena de morte.
- Colombia é un dos países do mundo con maior índice de corrupción e impunidade do mundo. Un país de enormes riquezas en mans duns poucos que lle negan ao seu pobo alegre, acolledor, pluricultural e loitador unha segunda oportunidade sobre a terra.

Sem comentários:
Enviar um comentário